Inicio
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
Sindicación
 

Xa podes descargar o documento 'Os incendios forestais en Galiza'
 
Xa podes descargar o documento 'Os incendios forestais en Galiza'Se aínda non o tes agora podes descargar en pdf o documento Os incendios forestais en Galiza que recentemente foi presentado en Compostela premendo nesta ligazón.
 
Presentación en Compostela do documento 'Os incendios forestais en Galiza'

 

Presentación do documento 'Os incendios forestais en Galiza'

 

 
Dispoñíbeis na rede os vídeos da Homenaxe Popular a Moncho Reboiras
 
A Comisión Moncho Reboiras 35 aniversario vén de colgar na rede un vídeo resumo da Homenaxe Popular que o pasado 7 de agosto organizou á memoria do comunista e patriota galego Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado en Ferrol pola policía española o 12 de agosto do ano 1975:
 

Ler máis...
 
A FPG diante dos sucesos de Fornelos de Montes
 
A FPG diante dos sucesos de Fornelos de MontesA FPG considera que a grave situación que outravolta vivimos a causa dos diversos incendios que devoran o noso territorio nacional está a desvelar o modus operandi dunha administración autonómica que utiliza o cerco mediático e a mentira como ferramentas políticas para soliviantar o posíbel impacto social que podería aparellar unha información veraz sobre a superficie de masa forestal queimada nos últimos días.
Ler máis...
 
A RAG, brazo dunha ideoloxía?
 
A RAG, brazo dunha ideoloxía?Moita xente descoñece, e outra moita intenta agochar, que a RAG nace oficialmente no 1906 na emigración cubana como expresión dun grupo de patriotas galegos que cren indispensábel a existencia dunha institución que sexa ferramenta da defensa da lingua galega e dos dereitos dos seus falantes.
 
A Academia Galega non foi polo tanto unha cesión competencial do estatuto de 1981, nin do de 1936, nin foi unha concesión monárquica expresada na constitución española de 1978. Foi a vontade dunha parte do pobo máis concienciado, quen sentiu a necesidade colectiva da súa creación.
Ler máis...
 
Crónica do 25 de xullo de 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA
 
Crónica do 25 de xullo de 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGAHai uns días celebramos, como vén facendo a Galiza rebelde desde hai noventa anos, un novo Día da Patria. Moito choveu desde que as Irmandades da Fala proclamaran o 25 de xullo como o noso día nacional e moitos foron eses días que tiveron de ser celebrados na clandestinidade. Aínda así, as nosas arelas de liberdade, o noso compromiso coa loita pola República Galega, lévanos a manter esta data, non coma un día de liturxia simbólica, baleiro de contido, senón coma unha xornada de celebración mais tamén de loita activa e renovada na que mostramos a nosa dignidade como galegas e galegos libres. Eis a Galiza rebelde que non claudica ante as continuas agresións que sofre por parte do Estado español e o seu apéndice autonómico.
 
Como vén facendo desde os inicios da iniciativa a Frente Popular Galega considerou apropiado neste 2010 apoiar a manifestación autodeterminista convocada por Causa Galiza que partía, nunha Compostela humillada pola presenza dos Borbóns e sitiada pola policía española, arredor das 13.30 horas da Alameda. Ao remate da mesma celebramos, como xa é tradición, o noso xantar de confraternidade no monte Pedroso. Foi aquí onde tivo lugar o acto político propio da FPG no que interviron amigos e representantes do Partido e tamén algúns representantes das delegacións internacionais que nos acompañaban.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 6 de 205

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega