A FPG – FRENTE POPULAR GALEGA pídelle o seu voto, no día 1 de marzo de 2009, a todas as galegas e os galegos que acreditan na necesidade de construír unha alternativa política que represente os intereses das clases traballadoras.Consideramos que as forzas políticas presentes no Parlamento de Compostela non son quen de asumir as profundas necesidades da clase obreira, do campesiñado, da xente nova, da intelectualidade comprometida. Así se veu demostrando ao longo destes anos.Chegou, logo, o momento de erguer unha nova estrutura nacional, popular, democrática e plural, capaz de ofrecer cobertura ao movemento social, e que actúe nos ámbitos da organización e da mobilización, como no plano institucional, camiño da superación do actual marco xurídico-político.O Parlamento autonómico, os nosos Concellos carecen hoxe, maiormente, desa proposta de esquerda nacional, de xeito que toda a maquinaria administrativa e de xestión pública está nas mans de políticos profesionais, vellos e novos caciques, que non fan senón perpetuarse a si mesmos un ano atrás do outro.Solicitamos, logo, o voto para fortalecer un programa combativo, de esquerda, un programa liberador, autodeterminista, e desde xa ofrecemos todos os votos que consigamos en aras destas ideas que viñemos expoñendo ao longo de toda a Campaña electoral e dos vinte anos que temos de existencia. SEMPRE COA NACIÓN, SEMPRE NA ESQUERDA!POR UNHA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA!VOTA FPG! |