|
X. L. MÉNDEZ FERRÍN DERRADEIRO REPRESENTANTE DO CONSELLO DE GALIZA NO INTERIOR O candidato da FPG á Xunta de Galicia, Xosé Luís Méndez Ferrín, é o derradeiro mentor da vontade do pobo galego exiliado e a súa representación republicana que constituíu en 1944 o Consello de Galiza. Así nolo di unha acta do 9 de setembro de 1968:
“Pondo fecho á xuntanza o señor Antón Alonso Ríos manifesta que na xuntanza precedente do Consello escoitou o informe da UPG apresentado polo irmán Fuentes e tomou coñecimento da propaganda de aición que propón dito partido, resolvéndose encarregar a Méndez Ferrín a constitución da delegación do Consello de Galiza na Terra”. O Consello de Galiza, ideado e promovido por Castelao, aspiraba a se constituír como un goberno provisorio trala caída do franquismo e o restabelecemento da República. Mais a restauración borbónica, mandada por Franco nomeando ao Borbón herdeiro, racharon cos soños da legalidade republicana aínda que non foron quen de erradicar os seus ideais. A FPG, por tanto, sitúase na tradición republicana e democrática que non recoñece a Constitución española de 1978 nin a monarquía borbónica. Nós estamos ao mandato do pobo galego baixo os principios republicanos aspirando á constitución dun verdadeiro poder galego. A candidatura adquire por tanto un valor simbólico e histórico dos que non renunciamos á nosa liberdade manténdonos fieis á loita pola liberación social e nacional de Galiza. 
Acta do Consello de Galiza |