Inicio

Descarga o Programa

descarga o Programa Electoral
cartaz electoral da FPG
Despois das eleccións por unha reformulación da esquerda nacionalista
 
FPG
 
Realizados os comicios autonómicos do 1 de marzo de 2009, a falta de coñecerse os resultados da votación do censo da emigración, o Comité Executivo da FPG declara:
Ler máis...
 
Os votos da FPG servirán para avanzar cara unha nova esquerda nacionalista
COA NACIÓN, NA ESQUERDA - VOTA FPG
A FPG – FRENTE POPULAR GALEGA pídelle o seu voto, no día 1 de marzo de 2009, a todas as galegas e os galegos que acreditan na necesidade de construír unha alternativa política que represente os intereses das clases traballadoras.
Consideramos que as forzas políticas presentes no Parlamento de Compostela non son quen de asumir as profundas necesidades da clase obreira, do campesiñado, da xente nova, da intelectualidade comprometida. Así se veu demostrando ao longo destes anos.
Chegou, logo, o momento de erguer unha nova estrutura nacional, popular, democrática e plural, capaz de ofrecer cobertura ao movemento social, e que actúe nos ámbitos da organización e da mobilización, como no plano institucional, camiño da superación do actual marco xurídico-político.
O Parlamento autonómico, os nosos Concellos carecen hoxe, maiormente, desa proposta de esquerda nacional, de xeito que toda a maquinaria administrativa e de xestión pública está nas mans de políticos profesionais, vellos e novos caciques, que non fan senón perpetuarse a si mesmos un ano atrás do outro.
Solicitamos, logo, o voto para fortalecer un programa combativo, de esquerda, un programa liberador, autodeterminista, e desde xa ofrecemos todos os votos que consigamos en aras destas ideas que viñemos expoñendo ao longo de toda a Campaña electoral e dos vinte anos que temos de existencia.
 

SEMPRE COA NACIÓN, SEMPRE NA ESQUERDA!

POR UNHA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA!

VOTA FPG!

 
A candidatura da FPG, herdeira da legalidade republicana
 

X. L. MÉNDEZ FERRÍN DERRADEIRO REPRESENTANTE DO CONSELLO DE GALIZA NO INTERIOR

Castelao, Presidente
 
O candidato da FPG á Xunta de Galicia, Xosé Luís Méndez Ferrín, é o derradeiro mentor da vontade do pobo galego exiliado e a súa representación republicana que constituíu en 1944 o Consello de Galiza. Así nolo di unha acta do 9 de setembro de 1968:
Ler máis...
 
Mañá venres Fin de Campaña en Cangas
 

VOTA COA NACIÓN, VOTA NA ESQUERDA

O venres 27 de febreiro a Frente Popular Galega celebrará cun acto político e posteriormente cunha cea de confraternidade a fin de campaña en Cangas do Morrazo.

Ler máis...
 
A crise brutal - Que a pague o Capital!
 

VOTA FPG

Malos tempos para a clase traballadora. Bos tempos para a especulación e os ladróns de luva branca. Un escenario cada día peor para a clase traballadora e as capas populares que sofren o desemprego, a pobreza, a inestabilidade e o incremento dos prezos dos produtos básicos. Cada día que pasa o sistema se revela máis inxusto e asasino.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 8 de 12

Mitin

en VIGO

xoves, 26 de febreiro

+ info


FIN DE CAMPAÑA en CANGAS

venres, 27 de febreiro

+ info

Multimedia

Multimedia

Conta Solidaria

Campaña de fondos

Comunicados

Xa que despois de catro anos de bipartito sen mover un dedo na lei electoral e no dereito a voto dos emigrantes; xa que nin o PSOE, nin o PP nin o BNG...
A Frente Popular Galega recolle no seu programa o principio democrático dos pobos á súa soberanía alimentar. O sector agra...

De interese...

A organización xuvenil ADIANTE pide o voto para a FPG
Moncho Lareu  Introduçom Para começar, compreendo as motivações do Sr. Fontám –ao que nom tenho o g...
Iñaki García Gómez, integrante da candidatura da FPG por Lugo Hoxe tócame falar do bipartito. Tema fácil de abord...

Galería de imaxes

acto politico en Lugo

presentación da candidatura de Ourense

presentación da candidatura de Ourense 

acto político en Marín 

rolda de prensa en Compostela 

acto político en Compostela 

acto político en Ribadavia 

+ imaxes