Inicio
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
Sindicación
 

Presentada a candidatura da FPG ás Municipais de Vigo PDF Imprimir Correo-e

Ocupa o ConcelloNon era intención da FPG concorrer en solitario ás eleccións municipais en Vigo. Hai varios meses presentabamos un principio de acordo para concorrer en coalición varias organizacións da esquerda. Finalmente tal confluencia non foi posible pola postura conservadora e timorata da dirección de Esquerda Unida, de maneira que agora vai ser algo máis difícil que a esquerda teña representación no Concello de Vigo.

Resulta absolutamente necesario que a clase traballadora teña presenza no concello, que os seus verdadeiros intereses como cidadáns teñan a súa expresión política na institución municipal.

PSOE e BNG non dan a talla, non representan ao mundo do traballo: represéntanse só a eles mesmos, aos seus intereses de partido. É opinión xeralizada na cidade que os candidatos da presunta esquerda non serven. O BNG perdeu nestes anos toda credibilidade, é xa un clamor a necesidade dun cambio total na súa estratexia municipal. E todo parece indicar que o que nos propoñen agora é puro continuismo. Nin os seus propios militantes cren na súa candidatura.

Do cabeza de lista do PSOE pouco de bó podemos dicir. Considerámolo un auténtico fantasma. Velaí senón ese invento dun porto-tiovivo que nos presenta a golpe de talonario, pagando cos cartos de todos a súa campaña electoral. Trátase, ademais, dun individuo de antigaleguismo manifesto e de escasa capacidade negociadora. Que goberno municipal se pode chegar a producir con Abel Caballero como alcalde? Alguén é capaz de adiviñar algo serio e positivo para o futuro, no caso de que o PP non logre a maioría absoluta? Non se entende moi ben por que o PSOE escolleu un candidato que semella ser escollido para dividir, máis que para agrupar.

A FPG vaino intentar, imos facer o imposible por construír esa ponte imprescindible entre a mobilización social e o traballo institucional.

Presentamos unha lista de xente nova, nova por idade e nova por distinta. Queremos que a mocidade, estudantil e traballadora, ocupe o espazo que na cidade lle corresponde. Que non lle falte a vivenda, o espazo vital, medios para o desenvolvemento cultural e físico, para o divertimento e para o desenvolvemento integral como persoas.

Quere a FPG que a cidade de Vigo medre, que responda ao seu papel de motor de Galicia; pero non de calquera maneira. Vigo debe mellorar, para ben dos seus habitantes. Non comprendemos o por que da coalición urbanística PP-BNG en defensa dun Plan Xeral absolutamente destrutor da paisaxe e da idiosincrasia da cidade. Non nos cabe na cabeza, non entendemos o silenzo do mundo da cultura, da intelectualidade viguesa neste debate sobre o modelo de cidade. Aquí só falan os políticos; non hai crítica ningunha, parece como se todo estivese perdido, como se o pesimismo fose unha néboa mesta que nos impide buscar o sol.

A chamada esquerda construíu unha excelente ponte de prata para que as dereitas accedan tranquilamente á alcaldía e ao goberno municipal; fixérono durante a lexislatura que agora remata e todo parece indicar que o PP vai conseguir de novo o seu obxectivo, se a veciñanza de Vigo non se decide a cambiar o sentido do seu voto.

E non queremos deixar de criticar algo que non por habitual nos resulta razonable. Cantos meses levan en campaña os nosos partidos "representativos"? Quen paga as campañas presuntamente institucionais? De onde saen os cartos? De nós mesmos. Esta lei electoral non serve, debería existir un límite ao derroche.

Dicir, finalmente, que a FPG propugna unha política de unidade popular; de maneira que apoiaremos as candidaturas da esquerda nacionalista alí onde respondan realmente aos intereses populares.

 
< Ant.   Seg. >

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega