Inicio seta Documentos seta Comité Central seta Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galicia
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






escudo_gz.jpg
 

Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galicia PDF Imprimir Correo-e
 
Preámbulo
 
A FPG considérase basicamente ligada aos intereses das traballadoras e dos traballadores galegos e do mundo, e aspira á independencia da nosa nación en forma de república socialista, nun planeta liberado do capitalismo. Cos ollos postos en tal horizonte, a FPG reafírmase nos seus principios, claramente reflexados nos textos propios e nos textos da historia do comunismo desde Marx aos nosos días, pasando pola aplicación teórica e práctica do marxismo aos movementos de liberación nacional entre os cales situamos o noso propio.
 
Mais, no plano da política real, Galicia e o noso partido encóntrase situada nun intre histórico moi concreto. Se hai poucos meses colocabamos no punto de mira da nosa crítica e da nosa acción a figura de Fraga Iribarne e as políticas anti-nacionais e anti-populares do goberno do PP, hoxe ocupou o seu posto un Touriño procedente das fileiras clandestinas antifranquistas e unha coaligación de socialdemocratas de negra historia recente (PSOE) e de nacionalistas non independentistas de ideoloxía cada vez menos intelixíbel (BNG).
 
O goberno anterior fixo posíbel, xa non o estancamento de Galicia, senón o retroceso, e mesmo orixinou tendencias suicidas na nosa poboación: a negativa á reprodución biolóxica e o abandono da transmisión da lingua propia. Polo tanto, consideramos unha obriga asumirmos a función de críticos esixentes de novas políticas tendentes á Rexeneración da Patria que impidan a nosa progresión colectiva cara o abismo.
 
É, pois, hora de esixirlle ao goberno BNG-PSOE unha Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galicia , tal e como a formulamos a continuación. Pensamos que ningunha delas é imposíbel dentro do marco legal vixente no Estado español (Constitución) e do seu apéndice outorgado que é un Estatuto que non representa para nós unha verdadeira Carta de soberanía nacional nin de verdadeiro autogoberno. Estamos certos de que estas Urxencias deben ser atendidas xa e agora, por este goberno, e que a súa posta en práctica política non presupón a toma do poder revolucionaria por parte do proletariado galego e do resto do pobo. Para nós son medidas factibeis e como tales imos esixirllas ao goberno desde as institucións e organizacións sociais, xa que non fomos elixidos para ocupar ningún lugar no Parlamento autonómico.
 
Galicia, 2 de xaneiro de 2006 
Comité Central da FPG 


 
< Ant.

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

ESPIRAL | puntos de venda

 


Frente Popular Galega