|
Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galicia |
|
|
|
|
Páxina 10 de 17 9.- Política Nacional de Medio Ambiente A modernización da eliminación de residuos e a eliminación de toda polución debe ser unha prioridade. O que debe ir unido á protección integral das augas continentais, de superficie e subterráneas e marítimas, á protección integral da xeoloxía de superficie e subterránea, e a protección integral da biodiversidade, así da flora e fauna salvaxe como dos animais e plantas que o home usa, con especial atención á preservación das razas e castes autóctonas de animais domésticos e flora agrícola. Neste sentido a restrición total de novas centrais hidroeléctricas e térmicas e de minaría pedradora (granito, lousa) e unha política de restauración dos atentados naturais destas actividades debe ser estimulada con decisión, ao tempo que se deseña unha política enerxética de novo tipo que entenda tamén na creación de empresas básicas de titularidade nacional. Unha política da paisaxe, en interrelación coa industria, as actividades de lecer e agrícolas, é urxente nunha Galicia deteriorada e predada polos intereses capitalistas que contrarian o interese xeral en materia medioambiental. Os Museos nacionais de xeoloxía, zooloxía e botánica, cos seus centros de investigación incorporados, deberían figurar nas prioridades da Xunta. |