Inicio seta Documentos seta Comité Central seta Comunicado oficial da FPG perante os atentados do 11 de marzo en Madrid
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
 

Comunicado oficial da FPG perante os atentados do 11 de marzo en Madrid PDF Imprimir Correo-e
 
A Frente Popular Galega perante os atentados perpetrados na mañá de onte en Madrid, quer facer público o seguinte:
 
—Desde ningún punto de vista é admisible unha matanza indiscriminada de persoas civís coma a que acaba de acontecer.
 
—A hora e os lugares dos atentados (El Pozo del Tío Raimundo é un sitio de gloriosa memoria antifascista) implicaban necesariamente que as víctimas só poderían pertencer ao pobo traballador e aos sectores máis afastados da oligarquía do poder. Non sabemos quen poido organizar e executar a masacre. Sexa quen fosen os autores, a acción seméllanos humanamente cruel e politicamente contraria ás apetencias de igualdade e de democracia real do pobo e das nacións non autodeterminadas do Estado Español.
 
En consecuencia,
 
a FPG condena os atentados de Madrid con enerxía, solidarízase co pobo madrileño, e fai votos porque a situación creada non se convirta nun pretexto para acelerar o proceso de perda de liberdades e dereitos que actualmente está en marcha.
 
Viva Galiza Independente e Socialista!
 
Dirección Nacional da FPG
Compostela, 11 de marzo de 2004
 

 
Reflexións da FPG encol da masacre de Madrid do 11 de marzo


 
< Ant.   Seg. >

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega