Inicio
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






escudo_gz.jpg
Sindicación
 

20 anos de Frente PDF Imprimir Correo-e
 
20 anos de FrentePasaron xa vinte anos dende a constitución da Frente Popular Galega (FPG). Ben merecía a efeméride un acto conmemorativo para homenaxear a loita da militancia independentista. Non só da actual senón de toda aquela que estivo dende os primeiros días, mesmo daqueles que logo marcharan. Alí, na carballeira de Santo Amaro, en Aldán (Cangas do Morrazo) xuntáronse a meirande parte destas persoas rachando a distancia dos vellos debates e facendo das rifas auga pasada. Os vinte anos da FPG eran unha boa razón.
 
Ao acto chegaron homes e mulleres de todo o país, reencontráronse os vellos camaradas, asistiron representantes de distintas delegacións convidadas: ADIANTE, Alternativa Canguesa de Esquerdas, Confederación Intersindical Galega, Central Unitaria de Traballadores/as, Sindicato Labrego Galego, Movemento pola Base, PCPG, Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Galego-Cubana Francisco Villamil e Redes Escarlata. Todo foi nun ambiente de confraternidade real que se confirmaba cunha final ateigada.
 
20 anos de FPG                                   20 anos de Frente
 
Comezaron as intervencións políticas contra as 19h. Intervencións que representaron tres xeracións de loita. A mocidade denunciou as condicións de vida que sofren, alentou a reformulación do nacionalismo nunha perspectiva de futuro e homenaxeou a loita da militancia independentista e socialista da FPG que permitiron manter en pé un referente político. Falou Ferrín en nome da xeración embrionaria do nacionalismo de esquerdas e a súa posterior evolución cara o independentismo, nun discurso cargado da historia do movemento nacional-popular. Pechaba o acto o Secretario Xeral, Mariano Abalo, que iniciaba cunha anécdota para despois reafirmar os principios ideolóxicos do Partido, a mostra pública de autocrítica e a confianza de que se afiance unha nova alternativa.
 
20 anos de Frente                                   20 anos de Frente
 
Entre os discursos, Mónica Camaño puxo a voz da presentación mais tamén a reflexión atraveso de diferentes intervencións. Xunto a ela, a voz de Leo que innova coas vellas cancións facendo unha perfecta mostra de que coa tradición se pode crear.
 
20 anos de Frente                                   20 anos de Frente
 
Finalizou o acto co canto dos nosos himnos, o nacional e o da nosa clase, a Internacional, que tiveron nos berros de ‘viva Galiza ceibe e socialista’ a reafirmación de que a nosa loita continúa.
 
20 anos de Frente                                  20 anos de Frente
 
Deseguido veu a cea nunha carballeira cercada, no adro dunha igrexa da que penduraba unha bandeira da Patria. Foi o fortín do independentismo galego, alí estaba parte da mellor fornada do movemento nacionalista e independentista contemporáneo.
 
A noite foi longa. Por iso Leo colleu de novo a guitarra, acompañado dun tamborileiro, para bradar de novo vellas e novas cancións, con vellos e novos estilos. Mentres nas mesas falábase, cantábase, encontrábanse as vellas historias e lembranzas. Mais cando Leo rematou, apareceu unha gaiteira acompañada doutros músicos para que a noite fose máis longa. Foino.
 
Mais neste acto da FPG tamén estiveron presentes en todo intre a memoria dos nosos, dende Bóveda, Castelao ou Benigno Álvarez até Luís Soto, Moncho Reboiras, Fernando Pérez ou Ramom Muntxaraz. Non foi un acto pechado de partido senón que foi a reafirmación dun proxecto no que seguimos crendo firmemente.
 
A FPG quere agradecer a asistencia de cada unha das persoas, o traballo e esforzo de quen ergueron e botaron un cabo para que fose un éxito o acto, as delegacións convidadas e a calor con quen se mantivo toda a xornada, unha xornada xa histórica que non se esquecerá.
 
< Ant.   Seg. >

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega