|
 A Frente Popular Galega (FPG) quere manifestar o seu máis absoluto rexeitamento e a súa preocupación polo atentado contra a dignidade humana que supón a sentenza homófoba ditada hai uns días na cidade de Vigo.
Tamén polo precedente gravísimo que senta: a resolución demostra unha vez máis as diferentes varas de medir diso que se entende por xustiza en función de quen sexa o agresor e quen as vítimas. Non podemos permanecer indiferentes ante comportamentos reaccionarios que críamos esquecidos hai tempo. Parece seguir habendo mortos mediáticos e mortos escurecidos pola Orde hexemónica, pero a nosa militancia non admitirá baixo ningún suposto que a través dos tribunais, sexan "populares" ou doutro tipo, se dean saída aos máis abxectos prexuízos por razón da orientación sexual. Facemos un chamamento, así mesmo, de apoio á manifestación que se convoca para o oito de marzo, na Porta do Sol (Vigo) ás doce do mediodía. |