Inicio seta Nacional seta Represión seta Paremos a homofobia
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
 

Paremos a homofobia PDF Imprimir Correo-e
 
paremos a homofobia!A Frente Popular Galega (FPG) quere manifestar o seu máis absoluto rexeitamento e a súa preocupación polo atentado contra a dignidade humana que supón a sentenza homófoba ditada hai uns días na cidade de Vigo.
 
Tamén polo precedente gravísimo que senta: a resolución demostra unha vez máis as diferentes varas de medir diso que se entende por xustiza en función de quen sexa o agresor e quen as vítimas. Non podemos permanecer indiferentes ante comportamentos reaccionarios que críamos esquecidos hai tempo. Parece seguir habendo mortos mediáticos e mortos escurecidos pola Orde hexemónica, pero a nosa militancia non admitirá baixo ningún suposto que a través dos tribunais, sexan "populares" ou doutro tipo, se dean saída aos máis abxectos prexuízos por razón da orientación sexual.
 
Facemos un chamamento, así mesmo, de apoio á manifestación que se convoca para o oito de marzo, na Porta do Sol (Vigo) ás doce do mediodía.
 
< Ant.   Seg. >

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega