|
ESTE XOVES ACTO PÚBLICO CONTRA A ILEGALIZACIÓN |
|
|
|
|
 Este xoves, 21 de maio, celebrarase un acto público no que diversas organizacións políticas, sindicais e sociais, entre elas a Frente Popular Galega, amosarán o seu rexeitamento da ilegalización da candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos.
O acto terá lugar na cidade de Vigo e realizarase no Instituto Sta. Irene a partir das 20:00 horas. Desde a FPG queremos facer un chamamento á participación neste acto de solidariedade. |