Inicio
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
Sindicación
 

A Frente inicia o Proceso de debate FPG2010 PDF Imprimir Correo-e
 
proceso de debate FPG2010 O Comité Central da Frente Popular Galega deseñou a finais do pasado 2009 e agora ven de convocar o chamado Proceso de debate FPG2010.
 
Tras unha profunda análise realizada no máximo órgano entre Congresos da nosa organización tomouse a decisión de realizar ao longo de todo este ano un proceso amplo de debate e reflexión internos no que se proceda a unha mobilización xeral das nosas bases militantes para, coa aportación de todas e todos, trazar colectivamente a nova estratexia da FPG ante a etapa histórica que estamos atravesando.
 
Este amplo proceso interno de debate e mobilización dividirase en catro tempos, coa celebración de tres Conferencias Nacionais rematando a finais de ano co noso VI Congreso Nacional.
 
Os traballos para a realización a finais de febreiro da primeira das Conferencias xa están en marcha co Relatorio Oficial rematado. En breve daremos máis información sobre esta primeira Conferencia Nacional.
 
Desde a FPG estamos convencidas e convencidos que tras este ambicioso programa de reflexión colectiva o noso Partido sairá máis fortalecido e disposto a novas batallas pola independencia nacional e o socialismo.
 
 
< Ant.

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega