|
Manifestación o 28X en Compostela pola Folga Xeral |
|
|
|
|
 Desde a FPG, e como noutras ocasións, apoiamos a manifestación convocada pola CUT que terá lugar o vindeiro día 28 de xullo nas rúas de Compostela. Esta mobilización está englobada dentro da campaña pola Folga Xeral Nacional que a Central Unitaria está a levar a cabo desde hai dous anos.
É por isto que desde a Frente Popular Galega facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras de Compostela e a súa comarca a participar activamente desta nova mobilización que sairá ás 20:00 horas da Alameda compostelá. Adiante coa Folga Xeral! |