|
Páxina 1 de 30 a construción da república galega V Asemblea Nacional da Frente Popular Galega Vigo, 21 de maio de 2006 
I. O MUNDO. O INICIO DO SÉCULO XXI A. Un mundo unipolar 1. O século XXI empeza xa no último cuarto do século XX. A implosión do socialismo real marca o tránsito a un mundo que deriva ao desequilibrio. A hexemonía absoluta do Capital e do Imperio norteamericano, coas súas consecuencias tráxicas para as vidas das persoas, non quere contestación. O abismo entre ricos e pobres, entre as clases sociais, entre nacións, faise aparentar insuperable. 2. A desaparición do socialismo real, os novos modelos de produción e o proxecto de fragmentación do movemento obreiro favorecen esa hexemonía global. O Capital descoñece fronteiras e aspira, vaidoso cunha vitoria que considera definitiva, a clausurar a historia, a facer imposible a existencia á marxe do seu dominio.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >> |