Inicio
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
Sindicación
 

Acto da FPG en Teis
 
FPG
 
Ás 12 horas da mañá do sábado, día 12 de maio, erguéronse sobre a fachada do Mercado de Teis, a xeito de decorado, cinco pancartas duns 5 metros de alto representando unha vista de Vigo dende o mar do Berbés.
Ler máis...
 
Mariano Abalo, secretario xeral da FPG e candidato á alcaldía de Cangas pola ACE
Alternativa Canguesa de EsquerdasA Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) é un reagrupamento das xentes da esquerda de Cangas que leva ben anos mantendo a dignidade e os principios máis nobres dunha política orientada ao ben xeral, do pobo traballador, e non a intereses particulares, de partido ou de sectores corruptos e retrógrados.
 
A candidatura da ACE está conformada por persoas de contrastada honestidade e cunha traxectoria absolutamente limpa e consecuente. A FPG, Esquerda Unida, o PCPG e persoas independentes de recoñecida solvencia dan soporte a esta coalición.
Ler máis...
 
Por un plan director territorial para Galicia
O pasado domingo, 6 de maio, máis de tres mil persoas se manifestaron en Compostela ao berro de GALIZA NON SE VENDE. Foron 40 os colectivos que convocaron esta protesta pola degradación acelerada do noso territorio e en reclamación dun Plan Director Territorial para Galicia, naturalmente a discutir e consensuar polas organizacións sociais e núcleos de opinión; colectivos de moi diferentes puntos da nación que non contaron co apoio do BNG nin do PSOE nin da CIG nin de CCOO nin da UGT nin do PP.
Ler máis...
 
A clase obreira ocupa Vigo
ocupa o concelloOs traballadores e as poucas traballadoras que do metal hai, máis en concreto, do sector naval, víronse obrigados e obrigadas a convocar folga e saír á rúa en demanda do cumprimento do convenio colectivo asinado hai agora un ano.
 
Na FPG consideramos un dereito a ocupación das rúas e avenidas por estes traballadores que deben utilizar todos os argumentos e medidas de forza para domeñar a unha patronal que sempre, sempre vai tratar de impedir os avances sociais e que sempre, sempre vai tratar de impoñer criterios cada vez máis regresivos en materia de contratación laboral.
Ler máis...
 
1º de Maio 2007: Día do Internacionalismo Proletario
1º de MaioA Frente Popular Galega conmemora o 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, cun chamamento a participar nas manifestacións que as centrais sindicais CIG e CUT convocan en distintas cidades galegas.
 
VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETARIO!!!
VIVA O 1º DE MAIO!!!
INDEPENDENCIA E SOCIALISMO!!!

 
A situación da clase obreira galega, dos traballadores en xeral e de todo o pobo galego caracterízase polo incremento da pobreza, das desigualdades sociais, da destrución dos servizos públicos, do desemprego e da precariedade xeralizada.
 
Os partidos de clase e os partidos da esquerda aparecen debilitados en Galicia como resultado da desmobilización do movemento obreiro e social, desequilibrando a correlación de forzas a favor da burguesía e das forzas da dereita.
Ler máis...
 
Presentación da Alternativa Canguesa de Esquerdas

ACEO luns 30 de abril preséntase a candidatura da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) e proxectarase un vídeo explicativo.

A candidatura estará encabezada polo noso Secretario Xeral, Mariano Abalo. O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas e comezará ás 20:00 horas

 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Resultados 175 - 180 de 205

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega