|
Nada novo temos que engadir neste momento, en que a reforma estatutaria queda aparcada sine die, a aquelo que fomos dicindo ao longo destes meses. Menos galería e máis traballo de goberno; menos propaganda e máis traballo de base; menos mangoneo e máis firmeza militante. Destacamos varios dos documentos que a FPG fixo públicos no pasado ano e que adiantaban, punto por punto, o resultado a que se chegou hoxe na residencia do presidente da Xunta de Galicia, en Compostela. |
|
|
Xa se cheira a cadáver. E non é para menos porque a “gran” reforma do Estatuto Galego xa naceu morta e falta un chisco para porlle a lousa por riba. Co cal, o único que entendo é que nos marearon coma vacas cando mosquean e ao fin imos todos para a mesma corte, é dicir, ao mesmo estrume de toda a vida: a Galiza dominada por España, sen competencias que nos permitan desenrolar coma pobo e sen capacidade de decisión, nin tan sequera cunhas “maiores cotas de poder” autonómico, como se lle veu dicindo. |
|
Ler máis...
|
|
|
A invención ou inventio parte dunha base material e doutra mítica ou fabulosa. Dende estes dous compoñentes créanse figuras, lendas ou tradicións que co paso do tempo irá desvirtualizando a verdadeira orixe convertendo a un tirano nun heroe ou viceversa. Non sempre os responsábeis son unhas camadas sociais específicas senón que poden actuar diferentes sectores, interrelaciónandose e intercambiando información que, como xa dixemos, esfarelan toda realidade até convertela nunha lenda. |
|
Ler máis...
|
|
|
O compañeiro sindicalista da CIG, Carlos Vázquez, foi condenado pola Audiencia Provincial de Ourense á pena de sete meses de multa a razón de 6 euros/día e ao pago dunha indemnización de 5.700 euros por un delito de danos, en relación coa actuación dun piquete informativo na folga xeral do 20 de xuño de 2002. |
|
Ler máis...
|
|
|
Prefiro que no Estado español goberne Zapatero e non Aznar, igual que prefería que en Alemaña gobernase Schroeder e non Merkel, sen dúbida. Pero unha cousa é preferir a alternativa que menos afoga, dentro deste xogo perverso que chaman democracia, e outra é rendirlle homenaxe comungando coas súas falsedades e inxustizas. |
|
Ler máis...
|
|
|
 Estas crónicas que dende a FPG estamos a elaborar xorden como resposta á información da difamación sobre Cuba en diversos medios (principalmente La Voz de Galicia e o seu xornalista J. Casanova, co seu apartado titulado "La Voz en Cuba") que foron aparecendo a partir da doenza do comandante en xefe da Revolución, Fidel Castro Ruz. E trataremos de dar datos oficiais de organismos e institucións internacionais, evitando así a visión partidista ou ideolóxica, para que quen lean isto se decaten que a Revolución é un logro histórico do pobo soberano da illa. |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 199 - 204 de 205 |