|
A organización xuvenil ADIANTE organiza en Compostela e desde o luns 18 ao sábado 23 de xaneiro as xornadas A Mocidade Galega en Defensa do Agro. Desde a Frente animámosvos a participar nas distintas actividades que as compañeiras e compañeiros da organización xuvenil deseñaron. |
|
Ler máis...
|
| |
|
|
A figura de Mujica, na máis pura tradición do nacionalismo de orientación marxista, é unha referencia na rexión Latinoamericana que a FPG apuntala hoxe como propia. Persoa clave no MLN de Uruguai, Tupamaros, coidou durante toda a súa vida política de non separar os seus ideais comunistas da historia da súa patria e das subxectividades humilladas que nela sofren a explotación de forma particular. Mujica foi e é alguén unido fondamente aos que en Galicia non pensan a transformación do Mundo dacordo cun cliché vido dos laboratorios da esquerda convencional. |
|
Ler máis...
|
|
|
Un 6 de decembro máis @s galeg@s reclamamos o noso dereito democrático á autodeterminación nacional fronte á constitución española de 1978. Un ano máis o españolismo intentaranos vender mediaticamente as “marabillas” que se desprenden da “sagrada” unidade da nación española e novamente pretenderán inzar a nosa nación de bandeiras “rojigualdas”, as súas bandeiras. |
|
Ler máis...
|
|
|
Das demandas da FPG en materia lingüística, o goberno bipartito, evidentemente non se fixo cargo. A xestión do BNG caracterizouse polas renuncias históricas á defensa do monolingüismo social e da homologación única do galego como idioma vehicular do conxunto social, sumado á deixadez de funcións que fixo cedéndolle a área de política lingüística á sucursal galega do PSOE. No momento histórico actual camiñamos cara atrás, regresando á era do fraguismo, se ben na realidade, o novo gabinete do PP, demostrou danzar con compañas aínda máis perigosas, como a de minoritarias asociacións asentadas nun discurso filofascista que aposta pola aniquilación absoluta da lingua galega. Este novo discurso, que vén a superar pola dereita o discurso do bilingüismo harmónico do fraguismo, asumido en certa medida polos gabinetes posteriores, é o que hoxe impera no goberniño galego, que se arma de xestores incompetentes coma o Jesús Vázquez que despregou o circo público da “enquisa” na Educación. |
|
Ler máis...
|
|
|
A FPG quere amosar a súa repulsa e indignación diante das detencións dos dirixentes políticos abertzales acontecidas o pasado día 13 de outubro por orde do xuíz Garzón. Ao mesmo tempo solidarizase cos e coas detidas e reclama a posta inmediata en liberdade dos que aínda permanecen na cadea. Ora ben, non debemos esquecer que desta vez os aparellos represivos do Estado pegaron un salto cualitativo que reviste de maior gravidade se cadra os feitos: a ocupación de locais da Central Sindical LAB, o que supón unha irrupción fascista nas dinámicas da vida sindical e autoorganizativa da clase obreira basca, e un intento de criminalización do sindicalismo nacional e de clase basco. |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 31 - 36 de 205 |